Retegal, S. A. (Redes de telecomunicación galegas) constitúese como empresa pública en virtude do Decreto 58/1997, do 20 de febreiro, da Xunta de Galicia. A súa principal función é a xestión e explotación das infraestruturas, os sistemas e os servizos de telecomunicación de Galicia.
Posúe a rede de radiodifusión máis ampla de toda a Comunidade Autónoma, ademais dun capital humano altamente cualificado e experimentado.