O Instituto Portugués para o Mar e a Atmosfera, I.P. (IPMA I.P.) é unha institución pública.

IPMA I. P. desenvolve a súa función baixo a supervisión do correspondente Ministerio.

As liñas estratéxicas e os obxectivos de  IPMA I. P. así como a súa implementación e seguimento son definidos polos membros do Goberno responsables das áreas do mar e a ciencia.

IPMA centra as súas actividades  a nivel nacional no mar e a atmosfera. A súa investigación céntrase en proxectos con aplicación directa nas tarefas que desenvolve no estudo do mar e a atmosfera, perseguindo continuamente a mellora da información proporcionada aos usuarios, tanto para uso comercial como público, e en particular, a información de interese para a protección das persoas e os seus bens.