¿Que é lifeTEC?

LifeTEC busca mellorar a loita contra os incendios forestais utilizando tecnoloxías das comunicacións.

LifeTEC ten dous obxectivos:

  • Reducir o tempo de detección dos incendios forestais.
  • Mellorar a eficiencia das brigadas contra incendios facilitando as comunicacións e a xeolocalización das mesmas.

¿Porqué é necesario?

Os bosques e as terras arborizadas cobren o 42% do chan europeo.

Estes bosques xogan un papel fundamental en diferentes procesos que afectan directamente á calidade de vida da xente:

  • Os bosques proporcionan empregos, materia prima e beneficios para a industria, constituíndo unha fonte enerxía renovable.
  • Os bosques protexen as infraestruturas e poboacións
  • Os bosques protexen o chan.
  • Os bosques regulan as fontes de auga doce
  • Os bosques contribúen a preservar a biodiversidade
  • Os bosques son fontes e sumidoiros de carbono
  • Os bosques contribúen a regular o clima a nivel local e rexional.

Os bosques fóronse adaptando de forma natural aos cambios lentos no medio ambiente ao longo de milenios. Na actualidade a actividade humana está a afectar ao clima de tal maneira que a capacidade natural dos ecosistemas para adaptarse viuse desbordada.

Predíse que o cambio climático aumentará a intensidade das tormentas, temperaturas, períodos de inundacións e fenómenos de fortes ventos. Todos estes factores elevan a probabilidade de grandes incendios forestais.

A prevención e unha acción rápida tras a  ignición son fundamentais para minimizar as perdas humanas, naturais e económicas

¿Como o levaremos a cabo?

Garantindo as comunicacións entre os operativos contra os incendios

Con frecuencia os incendios forestais prodúcense en zonas remotas, sen cobertura das redes de comunicacións móbiles comerciais. Con todo, para asegurar unha loita eficiente e coordinada contra os incendios é necesario dispoñer de comunicacións fiables entre os diferentes operativos, que ademais garantan a seguridade das brigadas que traballan nun medio perigoso.

A tecnoloxía candidata para asegurar as comunicacións é  TETRA ( TErrestrial  Trunked Radio). As redes  TETRA atópanse operativas na maior parte dos países europeos e en moitos outros países do mundo.

Reducindo o tempo de detección mediante o uso de radares meteorolóxicos.

Os incendios forestais provocan un descenso abrupto da humidade e un elevado ascenso das temperaturas. Este cambio das condicións atmosféricas dá lugar a un cambio significativo do índice de  refracción da atmosfera que afecta á propagación das ondas electromagnéticas.

Os radares meteorolóxicos transmiten pulsos electromagnéticos e reciben as ondas  retrodispersadas nos elementos da contorna.

A medida das variacións de fase das ondas  retrodispersadas permite determinar as variacións do índice de  refracción e a partir destas, as variacións da temperatura e a humidade.

Os radares meteorolóxicos funcionan continuamente, noite e día, permitindo a medida das variacións de forma periódica e cunha periodicidade baixa.

Europa está cuberta de redes de radares meteorolóxicas. A utilización destas redes de radares para a detección de incendios forestais contribuirá a reducir custos na detección de incendios á vez que aumenta a rendibilidade destas infraestruturas.

¿Con que medios?

Para o Proxecto utilizaranse os radares de Cuntis e  Arouca, operados por Meteogalicia e o  IPMA.

Os servizos de comunicación utilizarán a rede  TETRA operada por Retegal.

¿Para que?

¡Uns bosques máis verdes e saudables!

LifeTEC pretende

  • Diminuír a área media queimada por incendio (nun 15%).
  • Reducir o número de grandes incendios, aqueles con unha área queimada >25 ha (nun 2%).
  • Reducir os danos a bens e persoas (nun 25%).
  • Minimizar as emisións de gases invernadoiro: CO2, metano e partículas en suspensión (nun 15%).
  • Diminuír as perdas económicas da industria forestal (nun 7%).
  • Mellorar o balance comercial (nun 1%).