Benvidos

Os incendios forestais poñen en perigo as infraestruturas, os bens, as persoas e a biodiversidade, aumentan o risco de desertificación e empobrecen a calidade da atmosfera ao aumentar as emisións dos gases invernadoiro.

A incidencia dos incendios forestais é especialmente alta nos países do sur de Europa, moito máis sensibles ao quecemento global e cun elevado risco de desertificación.

Na loita contra os incendios forestais é especialmente importante contar con mecanismos de detección temperá e bos sistemas de comunicacións entre as brigadas contra incendios. Unha intervención rápida e eficiente implica reducir o risco para as persoas, a área queimada e as emisións de dióxido de carbono e outros gases invernadoiro.

O Proxecto

LifeTEC é un proxecto coordinado coa participación da Universidade de Vigo, o IPMA (Instituto Português do Mar e dá Atmosfera), a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Meteogalicia), a Amtega ( Axencia para a Modernización Tecnolóxica) e Retegal.

  • Comenzo: 01/09/2017, Fin: 31/12/2021
  • Orzamento: 1.205.063 €
  • Contribución EU: 54.75%

Leer máis

42%
É a zona ocupada por bosques e terras arborizadas na EU
+500K
A superficie total queimada en 2016 por incendios maiores de 30 ha
80%
De incendios forestais en Europa ocorren en España, Portugal, Italia, Grecia e Francia
130
Persoas falecidas nos últimos 5 anos entre os países de Portugal e España

Socios