Retegal, S. A. (Redes de telecomunicación  galegas) constitúese  como empresa pública en virtude do Decreto 58/1997, do 20 de febreiro, da Xunta de Galicia. A súa principal función é a xestión e explotación das   infraestruturas,  os sistemas e os servizos de telecomunicación de Galicia.

Posúe a rede de radiodifusión máis ampla de toda a  Comunidade Autónoma, ademais dun capital humano altamente cualificado  e experimentado.